O Máster Interuniversitario en Neurociencia impártese nas universidades de Vigo, Santiago de Compostela e A Coruña. O obxectivo do máster é formar investigadores que colaboren no futuro á resolución do gran número de enfermidades relacionadas có sistema nervioso. É un mestrado interdisciplinar que contempla unha especialidade básica e outra clínica. A primeira está dirixida á comprensión do funcionamento do sistema nervioso. A segunda está dirixida á investigación das patoloxías do sistema como Parkinson, Alzheimer, entre outras.

Páxina web do título

 

Información de interese

  • Prazas: 50 (10 na UVigo)
  • Tipo de ensino: presencial
  • Periodicidade da oferta: anual
  • Duración: 60 créditos ECTS

 

Coordinación

José Antonio Lamas Castro
+34 986 812 563
antoniolamas@uvigo.es

Matrícula

Área de estudos de posgrao
+34 986 812 532
areaposgraocc@uvigo.es